Temas: LALíN XUSTIZA

A causa contra o tenente de alcalde de Lalín queda arquivada

O tamén edil de Benestar Social valorará emprender accións legais por denuncia falsa contra el.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 14/09/2018 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

O titular do xulgado de instrución número 2 de Lalín declarou o libre sobresemento e arquivo da causa xudicial pola denuncia presentada en setembro do ano pasado por un traballador por suposta falsificación de documentos públicos e acoso laboral. O tenente de alcalde e concelleiro de Benestar, o socialista Nicolás González Casares, foi citado o pasado mes de novembro para declarar pola denuncia ante a Garda Civil, sen chegar a ser detido.

Nicolás González Casares
Nicolás González Casares | Fonte: E.P.

Este venres, Casares explicou que o sobresemento libre significa que, aínda que cheguen a existir novos indicios ou se presenten novas probas, os feitos xa non poden ser investigados. "Polo que significa o arquivo e o peche definitivo da denuncia", indicou o concelleiro, que aclarou tamén que "nunca foi investigado e nunca tivo que acudir á sede xudicial".

A denuncia interpúxose por unha suposta manipulación de claves informáticas. O concelleiro lamentou que "existiron colaboradores para darlle ampliación pública á denuncia, da que quedou clara a intencionalidade política". "Todos sabemos quen é o denunciante e cales son as súas relacións, así como o compromiso que podía ter esta persoa", dixo, antes de engadir que, por iso, lamenta que "ás veces non importe facer dano, porque ademais de políticos, o primeiro é ser persoas". "Estes meses supuxeron un desgaste no persoal moi importante", indicou.

"TALLANTE E FIRME"

O tenente de alcalde defendeu que "ás veces a xustiza pode ser lenta, pero neste caso é tallante e firme". Ademais, sinala que a sentenza recolle que tanto el como os traballadores que foron damnificados "limitáronse a cumprir estritamente as súas obrigacións como concelleiro responsable de Benestar Social e non fixo máis nada que exercer as súas funcións". As dilixencias practicadas, dixo o concelleiro apelando á sentenza, "desmenten a existencia dunha situación de acoso laboral penalmente relevante". "Nin asumindo integramente o relato do denunciante poderiamos entender que se cometeu un delito de acoso laboral", engade.

O concelleiro, consultado co seu avogado, explicou que se desprende "unha falsidade na denuncia", polo que valorará iniciar accións legais que correspondan por este motivo. O tenente de alcalde lamentou, igualmente, que a oposición utilizase este caso --en referencia ao PP-- para atacalo "persoalmente". Pola súa banda, o alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, manifestou a súa "enorme alegría a nivel humano e a nivel político". "Como dixen sempre, calquera persona que coñecese ao tenente de alcalde sabía que este tipo de actitude era impensable", subliñou.

Temas: LALíN XUSTIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rui do cas

Lalín é digno de estudio. Gobernado polo dono de medio pobo en coalición co partido do cuñado Nico