Estudantes da USC realizarán unha gran performance contra a violencia do xénero

Simularán un gran enterramento do que consideran unha lacra social.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/09/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O alumnado da materia Socioloxía da Educación da USC realiza a vindeira semana unha acción simbólica de protesta contra a violencia de xénero que consistirá na simulación dun enterramento.

Un gran lazo en contra da violencia de xénero para celebrar o Día Internacional da Violencia contra as Mulleres
Un gran lazo en contra da violencia de xénero para celebrar o Día Internacional da Violencia contra as Mulleres | Fonte: xunta.gal

A performance, que se desenvolverá o xoves 20 ás 19.30 horas na Praza de Praterías, enmárcase nun proxecto que ano tras ano, e como parte práctica da materia, converte as rúas de Compostela en escenarios improvisados no que os e as futuras docentes de Educación Primaria e Infantil constrúen mensaxe escénicas coas que dar voz ás mulleres que loitan cada día pola igualdade.

Co enterramento do xoves, que agardan “masivo”, queren lanzar un grito de condena da “grave violencia física e simbólica exercida nesta época contra as mulleres, que día tras día van enchendo os nosos cemiterios”, explican. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta