Detido un veciño de Gondomar ao que se lle interveu unha plantación de marihuana

Un veciño do municipio de Gondomar (Pontevedra), de 50 anos e con identidade F.J.S.V., foi detido como presunto autor dun delito contra a saúde pública despois de que se lle incautase unha plantación de marihuana, con 238 plantas.

PONTEVEDRA | 15/09/2018 | Actualizada ás 12:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un veciño do municipio de Gondomar (Pontevedra), de 50 anos e con identidade F.J.S.V., foi detido como presunto autor dun delito contra a saúde pública despois de que se lle incautase unha plantación de marihuana, con 238 plantas.

Plantación de marihuana intervida pola Garda Civil en Gondomar. GUARDIA CIVIL
Plantación de marihuana intervida pola Garda Civil en Gondomar. GUARDIA CIVIL | Fonte: Europa Press

Segundo informou este sábado a Garda Civil, o home foi arrestado o venres por mor das investigacións realizadas polos axentes de Gondomar, que sospeitaban da existencia dunha plantación destas características na parroquia de Vincios.

En concreto, a Garda Civil atopou a plantación nunha leira anexa a unha vivenda deste lugar, na que había 150 plantas de marihuana. Ademais, nun galpón continuo localizou un secadeiro con catro quilos de cogollos na fase final de secado e varias caixas que contiñan marihuana.

Nas inmediacións da leira, os axentes tamén deron con tres alpendres que estaban habilitados como invernadoiros, dotados de ventiladores e sistema de iluminación, con outras 90 plantas.

A Garda Civil puxo este sábado ao detido e ás plantas intervidas a disposición do Xulgado de Instrución número 8 de vigo, en funcións de garda.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fumando espero

Homem, para um "empreendedor" que nos sai em Gondomar vam lhe afundem a empresa. Assim como se vai levantar o pais! :)