Ingresa en prisión por roubos en comercios, restaurantes e vivendas na Pobra do Caramiñal en agosto

A Garda Civil indicou que os roubos xeraron unha gran alarma social e incerteza entre os veciños e empresarios da localidade coruñesa

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2018 | Actualizada ás 15:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Boiro (A Coruña) detivo a un veciño da Pobra do Caramiñal, R.S., como autor de roubos na súa localidade en agosto, tanto a comercios, como restaurantes ou vivendas, e que tras prestar declaración ante o Xulgado de Instrución 1 de Ribeira, ingresou en prisión.

Os feitos xeraran unha "gran alarma social e incerteza entre a poboación e empresarios da Pobra do Caramiñal", que manifestaron ás forzas de seguridade que "vivían co medo de ser vítimas, tanto eles como os seus negocios, dalgún roubo destas características", segundo indicou a Garda Civil.

Entre os delitos que se lle imputan constan tres furtos no lugar de Praia Xardín, onde logrou substraer teléfonos móbiles e carteiras a veraneantes. Ademais, considéraselle autor de roubos con forza en dúas lavandarías de autoservicio, onde puido esnaquizar a máquina de cambio de billetes e levar da recadación máis de 400 euros dunha e máis de 500 doutra.

Tamén se lle imputa un roubo con forza nun asador, o furto de uso de vehículo e a tentativa de roubo nun restaurante. Ademais, considéraselle autor dun roubo con escalo nunha vivenda habitada, na que substraeu diverso material electrónico e un delito de violación de morada.

A Garda Civil precisou que en todos estes feitos delituosos provocou numerosos danos materiais.

As dilixencias e o detido foron remitidas ao Xulgado de Instrución 1 de Ribeira, que decretou o seu ingreso en prisión.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta