Arde un vehículo na AG-64 á altura de Narón (A Coruña), aínda que os seus ocupantes non resultan feridos

Un vehículo sufriu un incendio que calcinou toda a súa parte dianteira, cando circulaba na mañá deste domingo pola AG-64 á altura de Narón (A Coruña), pero sen que os seus ocupantes resultasen feridos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2018 | Actualizada ás 11:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un vehículo sufriu un incendio que calcinou toda a súa parte dianteira, cando circulaba na mañá deste domingo pola AG-64 á altura de Narón (A Coruña), pero sen que os seus ocupantes resultasen feridos.

Segundo informaron a Europa Press os membros do Servizo de prevención, extinción de incendios e salvamento (SPEIS) de Narón, recibiron ás 9,13 o aviso de que un vehículo estaba a arder, á altura da saída 6 da AG-64, na zona de Xubia.

Até o lugar o servizo de extinción desprazou dous vehículos con cinco efectivos, aos que se sumaron axentes da Garda Civil e da Policía Local de Narón.

No vehículo viabajan un adulto e un menor, que saíron do coche en canto comezaron a ver que ardía o motor. Cando os efectivos de extinción de incendios chegaron ao lugar xa se calcinra tamén parte do habítulo dianteiro do coche, aínda que os seus dous ocupantes estaban ilesos.

As chamas foron extinguidas ao redor das 10,30 horas, pero na zona aínda permaneceu unha dotación do SPEIS realizando tarefas de restablecemento da calzada, na que se produciu un pequeno derrame de gasoil.

O tráfico tamén se viu afectado, cun corte temporal nun dos dous carrís de circulación en sentido Ferrol debido á presenza do vehículo incendiado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta