Así serán as oposicións para un posto de administración na Xunta

A Dirección Xeral da Función Pública publicará o vindeiro venres, 21 de setembro, a lista de admitidos e excluídos no proceso

Por E.P. | Compostela | 16/09/2018 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

Un total de 21.577 persoas foron admitidas de maneira provisional para participar nalgunha das doce oposicións convocadas pola Xunta para acceder a un posto de traballo na Administración autonómica. Ademais, outras 1.787 persoas foron admitidas para participar en seis concursos-oposicións de promoción interna, co obxectivo de progresar na súa carreira profesional.

Complexo administrativo da Xunta en San Caetano. XUNTA
Complexo administrativo da Xunta en San Caetano. XUNTA | Fonte: Europa Press

En concreto, segundo informou o Goberno galego nun comunicado, convocáronse un total de 614 prazas nestes 18 procesos selectivos. Desta cantidade, 248 son de acceso libre e a elas pode presentarse calquera persona que queira entrar a traballar na Xunta e cumpra os requisitos establecidos en cada convocatoria, como a titulación esixida.

As outras 366 prazas son de promoción interna, é dicir, reservadas a persoal que xa traballa na Administración galega e que quere promocionar a un posto de maior categoría ou que se adapta mellor ás súas preferencias.

O maior número de persoas admitidas nas oposicións de acceso libre concéntrase no corpo auxiliar da Administración (C2), con 10.106 aspirantes. En segundo lugar están os admitidos para a oposición de camareiro limpador - axudante de cociña (grupo V), con 6.582 persoas nas listas provisionais.

A LISTAXE, O VENRES

A Dirección Xeral da Función Pública publicará o vindeiro venres, 21 de setembro, no Diario Oficial de Galicia (DOG), as resolucións polas que se aproban as listaxes provisionais de admitidos e excluídos.

As persoas excluídas, así como as que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles --contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución-- para reclamar e emendar, de ser o caso, a causa que motivou a súa exclusión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta