Traballadores de Seaga piden un servizo "único e público" para todas as contratacións na loita contra os lumes

Os empregados da empresa pública concéntranse en San Caetano no segundo día de folga. Denuncian que os seus anos de experiencia no combate cos incendios non sexa tido en conta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2018 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Traballadores de Seaga, empresa pública de loita contra o lume, concentráronse este luns ás portas do Edificio Administrativo de San Caetano, sede da Xunta, para reclamar unha "solución" ante a "discriminación" que din padecer por "quedar fóra" do acceso a futuras prazas do Servizo de Protección e Defensa contra Incendios Forestais (Spdcif).

Trabajadores de Seaga en huelga
Trabajadores de Seaga en huelga | Fonte: Europa Press

Na segunda xornada da folga convocada polo comité de empresa de Seaga --que comezou o pasado domingo día 16--, os traballadores desprazáronse a Santiago onde, ás portas da sé do Goberno galego, pedíronlle á Consellería do Medio Rural que modifique os criterios para o acceso a prazas do Spdcif e que establecen que só puntuará a experiencia das brigadas municipais dos concellos e dos traballadores da Xunta.

"Os bombeiros forestales de Seaga levamos doce anos apagando os incendios en Galicia. Seaga é unha empresa pública 100 por 100, propiedade da Consellería do Medio Rural. E a Xunta decide que o ano que vén todos os bombeiros forestales van ser contratados a través do Spdcif", indicou en declaracións aos medios Josafat Puente, membro do comité de empresa de Seaga na provincia de Pontevedra.

Así, aclarou que os traballadores están de acordo con que a contratación do persoal se realice a través dun servizo "único e público", algo que reclaman "desde fai moitos anos". "O que non nos parece ben é que se nos deixe fóra", apostilou Ponte.

Deste xeito, censuran que o persoal de Seaga --"xente con doce anos de experiencia"-- non obteña puntuación á hora de acceder a prazas no servizo Spdcif. "Non puntuamos nin sequera un punto nas listas da Xunta mentres o persoal da Xunta si puntúa nos concellos", remarcou.

Nesta liña, insistiu no que os traballadores de Seaga son o corpo con "máis experiencia" só por detrás dos empregados do propio servizo da Xunta, polo que Josafat Puente subliñou que "non é de recibo" que queden excluídos do acceso a estas prazas.

REUNIÓN COA XUNTA

A protesta levouse a cabo fronte ás dependencias da Consellería do Medio Rural, no Edificio Administrativo da Xunta, situado no barrio compostelano de San Caetano. A concentración contou coa participación de deputados de En Marea (Davide Rodríguez e Paula Quinteiro) e BNG (Xosé Luís Rivas 'Mini').

Este martes terá lugar un encontro de representantes da Xunta os sindicatos da Administración, unha cita na que Seaga non está representada pero que o comité de folga espera que sirva para avanzar nunha solución de face a modificar o decreto que establece os criterios de puntación para o acceso a prazas do Spdcif.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Devasas

Quen apaga o lume? Nós e non a UME!!! Seaga solución!