Controlados os incendios que afectan aos parques do Invernadoiro e O Xurés

A Consellería do Medio Rural informou que os lumes calcinaron 40 e 25 hectáreas, respectivamente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2018 | Actualizada ás 21:18

Comparte esta noticia

En concreto, ás 20,32 horas deste luns quedou controlado o lume que se iniciou pouco antes das 19,00 horas do domingo na parroquia de Manín do municipio ourensán de Lobios.

Incendio no Parque Natural do Invernadoiro
Incendio no Parque Natural do Invernadoiro | Fonte: remitida

O lume, que afecta a terreos do Parque Natural do Xurés, queimou, segundo as últimas estimacións, unhas 25 hectáreas, na súa maioría de monte raso. No lugar traballaron oito axentes, 34 brigadas, 17 motobombas, dúas pas, sete helicópteros e dous avións.

Por outra banda, o departamento autonómico explicou que ás 20,30 horas tamén quedou controlado o incendio que se iniciou o pasado venres no municipio ourensán de Vilariño de Conso e que afecta o Parque Natural do Invernadoiro.

Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta a unha superficie dunhas 40 hectáreas, unhas 14,47 de arboledo e 25,6 de monte raso. Para extinguilo mobilizáronse dous técnicos, 26 axentes, 69 brigadas, 28 motobombas, 1 pa, dous técnicos, 15 helicópteros e 8 avións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta