O conselleiro de Sanidade insiste en que Galicia ten un "magnífico" sistema sanitario

"Para nós é moi importante estar, unha vez máis, no Parlamento tratando de pór en valor o magnífico sistema sanitario que temos", si sobre a Comisión de investigación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/09/2018 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asegurou estar "a disposición" do Parlamento de Galicia para comparecer na comisión de investigación que, a petición dos grupos da oposición, investigará os recortes na sanidade pública galega.

Jesús Vázquez Almuiña
Jesús Vázquez Almuiña

"Eu estou, como sempre, a disposición", explicou o conselleiro de Sanidade, que lembrou que no último pleno interveu "en catro ocasiones" e a petición de "todos os grupos" para "dar toda a información necesaria".

Así mesmo, preguntado polas peticións dos grupos da oposición que esixen a súa dimisión despois da morte dun home sen atención médica nunha PAC da Estrada, subliñou que el "simplemente" é "unha persona que quere colaborar" para "coordinar a todo o magnífico equipo de profesións" que integran o Sergas.

"Para nós é moi importante estar, unha vez máis, no Parlamento tratando de pór en valor o magnífico sistema sanitario que temos, tanto nesta comisión con en a comisión do Marisquiño", sinalou o titular de Sanidade.

Ademais, avanzou que porá a disposición da Cámara "todos os datos do que se fai "día a día" no Sergas, que conta con "38.000 profesionais que dan o servizo máis apreciado pola cidadanía". Por último, cuestionado sobre os recortes, defendeu que a sanidade galega está "todos os días incrementando a actividade" con "máis servizos e de calidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta