Case 600 sinaturas de traballadores da CRTVG piden o arquivo do expediente dunha das súas presentadoras

A CRTVG abriulle a Tati Moyano un expediente disciplinario por falta moi grave por terse maquillado utilizando os medios da cadena autonómica para unha gala privada.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/09/2018 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

As traballadoras e traballadores da Radio Galega e a Televisión de Galica presentaron este luns 562 sinaturas pedíndolle ao Director Xeral da CRTVG, Alfonso Sanchez Izquierdo, o “arquivo imediato” do expediente disciplinario iniciado contra Tati Moyano e “que se proceda á súa rehabilitación pública e profesional”.

Alfonso Hermida e Tati Moyano, ex presentadores da TVG
Alfonso Hermida e Tati Moyano, ex presentadores da TVG

O Comité Intercentros da CRTV, que promoveu este escrito, suliña que  , “dende o pasado mes de xullo estase a someter a compañeira Tati Moyano a un proceso disciplinario exemplarizante e sen precedentes na historia da CRTVG, que chega despois de reivindicar as mobilizacións dos Venres Negros”.

A Dirección de Recursos humanos da CRTVG decidiu abrir un expediente disciplinario por falta moi grave contra Tati Moyano, no mes de xullo, acusandoa de terse maquillado utilizando os medios da cadena autonómica para presentar unha gala benéfica contra o cancro o pasado 22 de xuño. Nesa gala, Tati Moyano, vestida de negro, fixo unha defensa da pluralidade nos medios publicos de Galiza.

O Comité Intercentros da CRTVG considera a apertura do expediente “unha represalia irracional e unha persecución” á que a Dirección da CRTVG está a someter ás xornalistas que non comulgan coa liña informativa da dirección da canle pública, e reclama o arquivo inmediato do expediente disciplinario. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gus.tav

Pareceme ben que a expedienten, que se pague ela a maquillaxe para a gala. Esta señora ten que aprender que non pode abusar dos cartos de todos.