A Xunta demanda do Goberno central a convocatoria da comisión da AP-9

Ethel Vázquez espera que Sánchez cumpra coa transferencia da titularidade do viario, xa que é unha "reivindicación unánime".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2018 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, pediu este mércores ao Executivo central que convoque a comisión de seguimento da AP-9, xa que "se demostrou que é un foro de gran utilidade" para "informar aos galegos do que ocorre coeixo principal de Galicia".

Audasa (Itínere). ITÍNERE - Archivo
Audasa (Itínere). ITÍNERE - Archivo | Fonte: Europa Press

A Xunta de Galicia trasladara esta petición ao Goberno de Pedro Sánchez o pasado 28 de agosto a través dunha carta dirixida ao secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Pedro Saura, e a propia conselleira fixera pública esta demanda antes os medios de comunicación.

"Mentres se debate no Congreso dos Deputados a proposición de lei para a transferencia da titularidade da AP-9 en Galicia, demandamos que o Executivo central nos convoque a esa comisión de seguimento", sinalou Vázquez aos medios de comunicaciónantes de visitar as obras da primeira fase da estación intermodal de Ourense.

Neste sentido, a responsable de Infraestruturas destacou que a comisión sinalada servirá, ademais, para "defender os intereses dos galegos e a calidade dos servizos" a través dunha "planificación adecuada" e "pegada ao territorio con respecto a todas as actuacións relacionadas coa AP-9".

TRANSFERENCIA DA AP-9

Ethel Vázquez lembrou que a Xunta de Galicia defendeu "desde o ano 2009" a transferencia da titularidade da AP-9, polo que a súa posición "non mudou", e considera que "todos os pasos adiante sobre a transferencia da titularidade da AP-9 son positivos".

"O propio presidente da Xunta de Galicia trasladou a Pedro Sánchez a reivindicación unánime en Galicia da transferencia da AP-9. Fai falta comprobar que ese xesto se traslade en vontade real do Goberno de España en querer e traballar polos galegos", apostilou a conselleira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta