Detido por nove furtos en facultades da Universidade de Santiago

É un home de 46 anos, con antecedentes, considerado presunto autor de delitos cometidos no interior de diferentes facultades da USC.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2018 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Os axentes encargados da investigación, tras recibir varias denuncias polas presuntas vítimas durante o verán, observaron como se ían cometendo unha serie de furtos no interior dos centros.

Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago
Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago | Fonte: USC.

En varios destes feitos, segundo informou a Policía Nacional nun comunicado, o presunto autor aproveitaba a ausencia dos docentes ou do persoal autorizado nos departamentos para introducirse nos despachos e subtraer diversas pertenzas e obxectos de valor.

Noutros casos, o home, supostamente, acudía ao interior das bibliotecas onde os usuarios deixaban os seus efectos persoais momentaneamente sobre escritorios e cadeiras para coller teléfonos móbiles e carteiras, entre outros obxectos.

Coas investigacións, os axentes lograron identificar e deter ao home como presunto autor destes feitos ilícitos e tramitar as dilixencias oportunas. A intervención policial foi realizada por funcionarios adscritos á brigada local de Policía Xudicial da Comisaría Local de Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta