Evacuan en helicóptero a un traballador tras cortarse nunha fábrica en Coristanco

Un operario tivo que ser evacuado de urxencia en helicóptero após sufrir un corte no seu corpo cando traballaba na fábrica de Unemsa, en Coristanco (A Coruña).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2018 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente laboral tivo lugar ao redor das 17,45 horas deste mércores na fábrica de Unemsa, na Braña.

Un particular alertou á central de emerxencias a través dunha chamada na que relataba que un traballador necesitaba atención médica ao sufrir un corte.

Após recibir o aviso, Urxencias Sanitarias 061 mobilizou ao lugar un helicóptero medicalizado, que trasladou ao ferido a un centro hospitalario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta