Os lumes cébanse coa provincia de Ourense

Logo de varios incendios que afectaron aos parques naturais do Xurés e do Invernadoiro, tamén arde Cualedro con máis de 20 hectáreas queimadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2018 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou dun incendio forestal activo no municipio ourensán de Cualedro, que calcinou xa máis de 20 hectáreas de monte raso.

Veciños participando nas labores de extinción dun incendio en Cualedro
Veciños participando nas labores de extinción dun incendio en Cualedro | Fonte: Óscar Pinal

En concreto, segundo a información proporcionada pola consellería a Europa Press, o lume iniciouse pasada a medianoite na parroquia de Montes, e permanece activo.

Nos labores de estabilización e control deste incendio participan tres axentes, oito brigadas, catro motobombas e unha pa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 bo ano agoreiros!!!

pero que din... de que drama wagneriano están a falar??? non esta ardendo nada... UNS POUCOS CONATOS... por favor non asusten asi, non metan o medo as vellas... dende a asociación autóctona o noso picudiño (O TOXO) fixemos vacacions e fumos a Praia de san mil a tomar o sol e afortalar a función clorofílica, os cloroplastos necesitan vitamina solar... nada de alarma social, esta ardendo moi pouco, non creo que pasemos das 3.500 hectáreas, pregunten, pregunten... e todo fácil non e necesario grandes medios, cuns paisanos e uns ramaios de xestas todo arranxado.... 2018 ano sin luMes nos montes da florestal