Falece atropelada por un camión na AP-9 en Portas, tras abandonar o coche co que sufriu un accidente

Unha muller faleceu este mediodía na autoestrada AP-9 á altura da localidade pontevedresa de Portas, tras ser atropelada por un camión, ao abandonar o coche co que chocara contra a varanda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2018 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

Así o informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia, que tivo constancia do sinistro ao redor das 13,30 horas, a través das chamadas de alerta de varios particulares. O sinistro produciuse no quilómetro 112, en dirección sur, á altura de Lantaño.

Garda Civil e bombeiros nun accidente
Garda Civil e bombeiros nun accidente | Fonte: GC

O coche no que viaxaba a muller saíuse da vía e chocou, segundo a información dispoñible do 112, contra a varanda. A muller puido abandonar o coche polo seu propio pé. Con todo, nese momento, foi atropelada por un camión que circulaba pola AP-9.

Até o lugar, desprazáronse efectivos dos bombeiros de Vilagarcía de Arousa e de Valga, de Protección Civil de Portas e da Garda Civil, ademais dos servizos sanitarios.

Un dos carrís de circulación permanece pechado no lugar no que se produciu o accidente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta