Reivindican a figura da 'enfermeira escolar' e ven "falta de vontade" para implantala

O sindicato de enfermaría SATSE e o sindicato de profesores ANPE reclamaron á Xunta "que empece a dar pasos" para implantar esta figura nos centros educativos públicos, como xa se fixo noutras nove Comunidades Autónomas.

Por E.P. | VIGO | 21/09/2018 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de SATSE Galicia, Carmen García Rivas, subliñou que un profesional de enfermaría nos colexios "dá seguridade á comunidade docente e aos pais", e recalcou que o seu labor non se centraría só na atención de nenos con enfermidades crónicas ou en casos de accidentes, senón que podería desempeñar funcións de educación en saúde e hixiene, prevención de adiccións e trastornos, identificación de condutas de risco como o 'bullying', ou en pautas de alimentación. "Levámolo pedindo desde 2007, e non sería difícil. A única dificultade para implantar esta figura é a falta de vontade política", lamentou.

SATSE e ANPE piden enfermeiras escolares en Galicia
SATSE e ANPE piden enfermeiras escolares en Galicia | Fonte: Europa Press

Pola súa banda, o portavoz de ANPE, Julio Díaz, recalcou que "non é de recibo" que os docentes desempeñen funcións "que non lles corresponden" e para as que "non están preparados". A ese respecto, sinalou que os protocolos regulados pola administración, como o Programa de Alerta Escolar, non implican que os profesores teñan formación sanitaria específica.

Cun profesional sanitario nos colexios, aseverou, evitaríanse problemas de responsabilidade, e garantiríase unha maior seguridade tanto para os nenos como para os propios profesores. "Outros países teñen esta figura implantada dende hai tempo", subliñou, e lembrou que os docentes teñen o deber de garda e custodia dos alumnos durante o horario lectivo, pero non un deber de asistencia sanitaria.

"Non pedimos que se empece xa cun enfermeiro ou enfermeira en cada colexio, pero si empezar por aqueles onde hai nenos con necesidades especiais, ou patoloxías crónicas (asma, diabetes,...). O problema é que aínda non se tomou a decisión de dar o primeiro paso", lamentou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta