Pontón di que Xunta "non ten a Carballo entre as súas prioridades"

A líder frontista, Ana Pontón, comprometeuse a "dar voz" ás demandas do concello bergantiñán no Parlamento galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2018 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do Bloque realizou estas declaracións durante a súa visita a Carballo, onde mantivo un encontro co alcalde, Evencio Ferrero (BNG), na sede da Asociación de empresarios do Polígono de Bértoa. "Imos darlle voz a Carballo no Parlamento especialmente durante o debate dos orzamentos para 2019, tendo en conta que Feijóo demostrou que non inclúe entre as súas prioridades atender a este concello que é, ademais, cabeceira da comarca de Bergantiños", remarcou Pontón.

Fwd: Ponton Levara Demandas Carballo Debate Orzamentos 2019. BLOQUE NACIONALISTA GALLEGO
Fwd: Ponton Levara Demandas Carballo Debate Orzamentos 2019. BLOQUE NACIONALISTA GALLEGO | Fonte: Europa Press

En palabras do rexedor carballés, o Executivo de Alberto Núñez Feijóo "non ten a Carballo entre as súas prioridades", polo que instou á Xunta a "implicarse e cumprir coas súas competencias".

DEMANDAS

Así, entre as demandas efectuadas por Evencio Ferrero inclúese a ampliación do polígono de Bértoa, a humanización da travesía AC-552 e desenvolver o abastecemento de auga ás zonas de costa como as áreas de Razo e Baldaio. En canto a isto último, o BNG denuncia que esta actuación contaba cunha partida nos orzamentos da Xunta de 2009 que non se chegou a executar e que non volveu ser reflectida nas contas da Administración autonómica.

"A Xunta ten que implicarse e cumprir coas súas competencias", aseverou a líder frontista para, a continuación, engadir que o Grupo Parlamentario do BNG irá "man a man" co goberno de Carballo para levar ao Pazo do Hórreo as súas demandas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta