Goya e Dalí, fronte a fronte

Afundación presenta «Goya e Dalí. Os caprichos de dous xenios» en Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 21/09/2018 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

«Goya e Dalí. Os caprichos de dous xenios» é o novo proxecto expositivo de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e o Museo del Grabado de Ribeira. Nesta nova exposición, deseñado expresamente para Afundación, Goya e Dalí establecen un diálogo a través da serie «Los caprichos», abordada por Goya entre 1796 e 1799 e revisada por Dalí dous séculos máis tarde apoiándose na técnica do heliogravado para realizar réplicas exactas dos gravados goiescos e intervir sobre elas. 

Unha fotografía do xenial pintor Salvador Dalí
Unha fotografía do xenial pintor Salvador Dalí

Os vicios e os desacertos humanos son os temas que protagonizan estas obras. A vaidade, o sexo, a mentira e a ignorancia aparecen nesta serie de gravados que fascinou a Dalí ata o punto de convertela en materia prima da súa obra.

Un total de 80 obras asinadas por Dalí xunto con gravados de Goya conforman a mostra comisariada por Julio Niebla, encargado de realizar exposicións internacionais sobre Dalí e gran estudoso da obra de Goya. A exposición estará no Café Moderno Afundación de Pontevedra e será inaugurada o vindeiro 27 de setembro. Poderase visitar ata o 19 de xaneiro, de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 h e os sábados de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Bexaida

Buscando se encuentran frases para todos los gustos, pero he encontrado estas de Francisco de Goya que me han gustado mucho: "El tiempo también pinta" "La fantasía, aislada de la razón, sólo produce mounstruos imposibles. Unida a ella, en cambio, es la madre del arte y fuente de sus deseos"