Temas: BETANZOS PP

A directora xeral de Xuventude será candidata do PP para tentar recuperar a Alcaldía de Betanzos

"Foi unha proposta aceptada e referendada por unanimidade por toda a directiva local" dixo o presidente local do PP, José Ángel Rodríguez Prieto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2018 | Actualizada ás 21:51

Comparte esta noticia

A dirección do PP da Coruña, que lidera Diego Calvo, anunciou este venres que a actual directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, será a cabeza de lista dos populares de Betanzos nas próximas eleccións municipais de 2019.

A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez
A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez

O PP informou nun comunicado que foi nunha reunión celebrada na pasada xornada na sede local cando o seu presidente, José Ángel Rodríguez Prieto, deu traslado a todos os membros que conforman a directiva local a súa proposta para nomear á actual directora xeral de Xuventude.

"Foi unha proposta aceptada e referendada por unanimidade por toda a directiva local. Estamos seguros de que Cecilia Vázquez reúne todos os requisitos para ser a próxima alcaldesa de Betanzos", sentenciou Rodríguez.

A candidata, pola súa banda, declarouse "enormemente ilusionada e con moitas ganas de traballar e conseguir que o municipio sexa o mellor lugar para vivir, cos mellores servizos e a máis óptima calidade de vida e benestar".

MÁIS PRESENTACIÓNS DE CANDIDATOS

Á marxe da presentación de Vigo que tivo lugar este venres e na que participou Alberto Núñez Feijóo, os populares galegos están inmersos na oficialización dos seus aspirantes. Se este sábado será a quenda de Agustín Hernández en Santiago, o presidente provincial do PP coruñés, Diego Calvo deu a coñecer nesta mesma xornada aos candidatos da comarca do Barbanza, convencido de que "seguirá sendo un bastión" dos populares.

En concreto, oficializou a Manuel Ruiz Rivas, Juan José Dieste, Santiago Freire, Teresa Villaverde, Beatriz Molinos, Luís Oujo, Inés Monteagudo e Manuel Durán como candidatos para as municipais en Ribeira, Boiro, Noia, Lousame, Outes, Porto do Son, Muros e A Pobra.

Temas: BETANZOS PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 REn

Como non fixo nada, pero nadiña de nada, en Xuventude, agora mándana de candidata a alcaldesa para seguir facendo... nada.