Temas: MúSICA INFANCIA

O músico Luís Valecillo presentará o seu novo audiolibro 'Cantamos' en Ponteceso

Esta obra tamén se desenvolverá en formato escénico e musical.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2018 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

O músico, titiriteiro e compositor Luís Valecillo presentará o próximo 30 de setembro, domingo, o seu novo audiolibro 'Cantamos' no Museo Etnolúdico, en Ponteceso (A Coruña). Este novo proxecto de música infantil e familiar conta con textos da actriz e dramaturga Celtia Figueiras, así como con ilustracións de Blanca Millán.

Luis Valecillo presenta o seu novo audiolibro. CARTEL PROMOCIONAL
Luis Valecillo presenta o seu novo audiolibro. CARTEL PROMOCIONAL | Fonte: Europa Press

Así, esta obra (Guindastre Edicións, 2018) ademais de presentarse como audiolibro desenvolverase tamén en formato escénico e musical.

Na última década Valecillo, artista nado en Madrid pero que centra a súa produción creadora en lingua galega, presentou espectáculos como 'O bigote de Mimí', 'Cantamos un conto?' e 'Cantares das letras', entre outros.

Temas: MúSICA INFANCIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta