Temas: ACCIDENTE LUGO

Sete persoas atendidas tras unha colisión entre dous coches en Antas de Ulla

Ademais, tal e como indica o 112, os bombeiros de Chantada excarceraron unha das vítimas dun dos vehículos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2018 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

En concreto, segundo informa o 061-Urxencias Sanitarias, dúas persoas foron trasladadas ao Hospital Lucus Augusti, outras tres ao Policlínico Lucense, e outras dúas ao Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Casa do Concello de Antas de Ulla
Casa do Concello de Antas de Ulla

O sinistro ocorreu na estrada que une o Pazo de Vilane e o Castro de Amarante, ao fío das 21,45 horas. Nese momento, unha persona particular contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido.

Segundo indica o 061, ao lugar do accidente se enviaron tres ambulancias asistenciais, unha medicalizada e persoal sanitario do PAC de Palas de Rei. Así mesmo, acudiron ao lugar a Garda Civil e o GES de Monterroso.

Temas: ACCIDENTE LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta