Gonzalo Caballero pide "tempo" para o Goberno na recuperación do Pazo de Meirás

O secretario xeral dos socialistas galegos, defendeu que o Pazo "debería volver estar en mans da cidadanía".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2018 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

Así o respondeu na Estrada (Pontevedra), preguntado polos medios de comunicación pola postura do PSOE sobre a decisión dun neto de Franco de traspasar a unha empresa da súa propiedade a parte do Pazo que lle corresponde como herdanza, en pleno debate sobre a recuperación para o patrimonio público do histórico edificio, que o ditador obtivo en 1938.

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG. PSDEG-PSOE
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG. PSDEG-PSOE | Fonte: Europa Press

"Cremos que o Pazo de Meirás --situado na localidade coruñesa de Sada-- debería volver estar en mans da cidadanía e teño o convencemento pleno de que o novo goberno aposta por unha liña de acción e memoria histórica que nunca existiu neste país", respondeu.

En todo caso, apuntou que "hai que darlle tempo" ao Goberno de Pedro Sánchez para "desenvolver as medidas necesarias en todos os ámbitos", deixando caer que "hai moitos que queren porlle todos os deberes cando estaban moi calados, cando o PP gobernaba e Rajoy incumpría e Feijóo aplaudía".

Gonzalo Caballero aludiu á "decisión histórica" e "relevante" adoptada polo Goberno central de retirar os restos do ditador do Val dos Caídos. "En memoria histórica o goberno de Sánchez merece o recoñecemento da cidadanía", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta