Arquivada a causa contra o xefe de Policía Autonómica de Vigo por unha querela por acoso

Segundo o titular do xulgado non quedou acreditado que houbese acoso sexual.

Por E.P. | VIGO | 25/09/2018 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número oito de Vigo arquivou a causa contra o xefe da Policía Autonómica da localidade, Antonio T.R., aberta pola querela presentada por unha axente por supostos delitos contra a integridade moral e de acoso sexual e laboral no contexto dunha relación profesional xerárquica.

Coche da Policía Autonómica
Coche da Policía Autonómica | Fonte: xunta.es

Segundo confirmaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)  o titular do xulgado decretou nun auto o sobresemento provisional e arquivo da causa ao entender que, "tras escoitar as declaracións das testemuñas e examinar a documentación achegada, non quedou acreditado o acoso sexual denunciado por unha subordinada".

De acordo con fontes próximas ao caso, a muller presentou a querela a finais do pasado ano para denunciar "diversos comentarios improcedentes nun contexto laboral" por parte do seu superior, así como "certas condutas laborais que denotan a existencia dun acoso laboral ('mobbing') e discriminación respecto doutros compañeiros".

Tras iso, a propia denunciante, o xefe policial e outras testemuñas acudiron a declarar ante o xulgado. Por estes feitos, a muller, que é membro do Corpo Nacional de Policía aínda que estaba destinada a unha unidade adscrita á Policía Autonómica, estivo de baixa varios meses e posteriormente decidiu pedir un cambio de destino, á comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta