Desaparecida desde este martes unha muller de 58 anos en Monterrei

Colaboran na súa busca Protección Civil, Garda Civil e varios veciños da zona.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2018 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

Unha muller de 58 anos de idade desapareceu na tarde do martes 25 de setembro na localidade ourensá de Monterrei. Colaboran na súa busca Protección Civil, Garda Civil e varios veciños da zona.

Castelo de Monterrei
Castelo de Monterrei

En concreto, a muller desapareceu do seu domicilio, situado na aldea de Vences, deixando o seu móbil no interior da mesma. Ademais, este mércores 26 estaba previsto que collese un avión rumbo a Barcelona.

Responde o nome de Sara Silva Alonso, ten o pelo curto e louro e os ollos azuis. Até o momento non hai novidades no operativo de procura despregado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta