Feijóo volve rexeitar unha tarifa eléctrica galega

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, insistiu este mércores na defensa dunha tarifa eléctrica galega, á vez que propuxo aplicar "un IVE súper reducido" do 4% para aforrar "ata 330 euros" na factura da luz.

Por E.P. | Santiago | 26/09/2018 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

O rexeitamento do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo,  levou canda si o apuntamento de que a "formulación ideolóxica" da tarifa eléctrica galega encarecería aínda máis o servizo na comunidade.

El presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, en el Parlamento de Galicia
El presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, en el Parlamento de Galicia | Fonte: Europa Press

Na sesión de control, o xefe do Executivo ironizou sobre "as fórmulas máxicas do nacionalismo". "Colorín, colorado, este conto acabouse", ironizou Feijóo, quen afeou as "contas" que botan os nacionalistas, mentres piden, "do mesmo xeito que as mareas, pechar as centrais das Pontes e Meirama", o que provocaría que Galicia "deixase de ser" excedentaria en produción enerxética.

"Seguro que as van a acabar apoiando, porque se non, río eu da tarifa eléctrica galega", continuou Feijóo, quen defendeu as medidas adoptadas polo seu Executivo tales como o tícket social eléctrico. Pontón rebaixou o impacto das actuacións autonómicas e, tras incidir no aumento da pobreza enerxética, lamentou que Feijóo "poña a camiseta das eléctricas".

Na súa intervención, Pontón tamén afeou ao presidente a sentenza que condena á Xunta por fixar uns servizos mínimos "abusivos" na folga do 8 de marzo. "Parece que hai moito macho alfa e pouco respecto polos dereitos das mulleres", sinalou a nacionalista, a quen Feijóo trasladou que "acata" esta decisión xudicial.

O presidente galego subliñou que na prensa tamén se publica este mércores outra decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a de anular as probas do caso dos alugueres contra o expresidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán, antes de instar ao BNG para acatar "todas as sentenzas", incluídas as que son favorables a outros partidos e as que condenan "aos independentistas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta