Piden apoio nas redes á pregunta sobre o traslado do 061 á Estrada

O colectivo de médicos de emerxencias vinculados ao 061 ademais de traballadores do Grupo Norte, crearon “Que hai detrás do traslado do 061 e Grupo Norte á Estrada?”, unha iniciativa en www.osoigo.com, para poderen reunir 300 sinaturas e así obrigar a respostar a políticos galegos sobre este punto.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2018 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A iniciativa naceu motivada polas insuficientes e pouco claras xustificacións que ofreceu o executivo autonómico cando os traballadores e traballadoras preguntaron pola orixe do traslado, como leva avanzando Galicia Confidencial desde hai uns días.  A cuestión é que con esta iniciativa quérese facer presión diante das autoridades autonómicas para que dean unha explicación en firme, sobre o cambio de ubicación das actuais instalacións en San Marcos, Santiago ao concello pontevedrés da Estrada.

Protesta da 061 fronte ao Sergas
Protesta da 061 fronte ao Sergas

Nunha información anterior, o sindicato CESM de Emerxencias, apuntaba que unha resposta ofrecida hai tempo polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, foi que “o goberno toma decisións e esta é unha decisión de goberno”. Por este motivo os traballadores e traballadoras de Emerxencias 061, queren que a clase política en Galicia lles dean unha resposta ao que consideran unha cuestión que non ten moito sentido. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta