Mato, ex-conselleira de Medio Ambiente: "É unha honra servir a Galicia, pero quería dar este paso para A Coruña"

A candidata á Alcaldía coruñesa ten palabras de eloxio para Ángeles Vázquez, que asumirá a carteira ambiental, deixando a de Medio Rural.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2018 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente saínte, Beatriz Mato, asegurou que se decatou na mañá deste mércores que a remodelación do Goberno de Alberto Núñez Feijóo se concretaría nesta xornada e manifestou, unha vez que xa transcenderon os cambios: "É unha honra servir a Galicia, pero é verdade que quería dar este paso para a cidade da Coruña", onde se presentará como cabeza de cartel do PP nas eleccións municipais.

Beatriz Mato.
Beatriz Mato.

"Teño esa sensación de pasar unha páxina máis do meu libro e comezar unha moi ilusionante", admitiu á saída do Pazo do Hórreo, onde este mércores se celebrou a última sesión plenaria na que participou como conselleira.

Curiosamente, minutos antes de coñecerse a remodelación, e desde o tribunal do hemiciclo galego, a deputada do PSdeG Patricia Vilán apelaba á titular de Medio Ambiente a que acudise ao municipio de Caldas de Reis (Pontevedra) para ver o estado do río Umia.

Mato tivo palabras de eloxio para Ángeles Vázquez, que asumirá a carteira ambiental deixando a de Medio Rural, que tomará outro deputado do PPdeG, José González.

"É unha persona que vai estar moi vinculada co medio ambiente, porque vén do medio rural e falar de medio ambiente é falar da protección do rural", apuntou a futura candidata do PPdeG á Alcaldía da Coruña, quen asegurou que "o vai a desenvolver con moita axilidade". "É unha persona comprometida e tiñamos moita relación entre ambas as consellerías", salientou.

Por iso, mostrouse "convencida" de que vai facer "un bo traballo", como "xa o fixo no medio Rural". Ademais, deixoulle unha mensaxe: "É unha das consellerías de todo o Goberno máis bonitas, porque é un sinal de identidade do noso pobo e estou convencida de que o vai a facer moi ben".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta