Achan morta a muller de 58 anos desaparecida en Monterrei

Foi atopada nun galpón situado a 20 metros da súa vivenda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2018 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

A muller de 58 anos desaparecida dende a tarde do martes 25 de setembro na aldea ourensá de Vences, en Monterrei, foi achada morta na tarde deste mércores nun galpón situado a 20 metros da súa vivenda.

Sara Silva Alonso, desaparecida en Monterrei.. SOS DESAPARECIDOS.ES
Sara Silva Alonso, desaparecida en Monterrei.. SOS DESAPARECIDOS.ES | Fonte: Europa Press

A Garda Civil e a Policía Xudicial acordoaron a zona e o corpo xa foi trasladado para realizar a súa autopsia. Nun primeiro momento, segundo informaron fontes da Garda Civil de Verín, non se detectan signos de violencia no corpo.

En concreto, Sara Silva Alonso desapareceu do seu domicilio, situado na aldea de Vences, o martes 25 de setembro, deixando o seu móbil no interior da mesma. Ademais, este mércores 26 estaba previsto que collese un avión rumbo a Barcelona. O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, apuntou tamén que a muller estaba a realizar a vendima.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta