Campaña contra as mentiras de Toni Cantó sobre a situación do castelán en Galicia

A Mesa pola Normalización Lingüística inicia unha campaña para contestar ao deputado de Ciudadanos tras aseverar, sen datos, que o español desapareceu de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/09/2018 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística iniciou unha campaña en redes para combater as mentiras pronunciasa por Toni Cantó —deputado de Ciudadanos— sobre a situación da lingua castelá en Galicia, sobre o que afirmou no Congreso, sen datos oficiais, que este idioma está "desaparecido" no noso país. "Es un hecho que el castellano ha desaparecido de lugares como Cataluña, como Baleares, como la Comunidad Valenciana, como el País Vasco o como Galicia", dixo sen pudor.

Campaña contra as mentiras de Toni Cantó sobre a realidade lingüística en Galicia.
Campaña contra as mentiras de Toni Cantó sobre a realidade lingüística en Galicia.

A súa afirmación, falsa, sobre a realidade idiomática en Galicia, xerou un terremeto de reaccións, ante as que o deputado de Ciudadanos quixo rectificar parcialmente, xustuficando que só se refería ao ámbito administrativo, tanto no acceso ao emprego público como na educación ou os trámites que os cidadáns deben realizar coa Administración Pública. Cantó mantén, con todo, que hai "imposición" nas comunidades bilingües.

As palabras de Cantó xerararon unha avalancha de reaccións críticas nas redes sociais, onde baixo a etiqueta #QueroGalego ducias de usuarios están reivindicando o uso normalizado da lingua propia de Galicia e criticando os posicionamentos contrarios ás linguas cooficiais non só de Cantó, senón de todo o seu partido, Ciudadanos, e do Partido Popular.

"Móstralle cos teus chíos a @Tonicanto1 e aos deputados e deputadas do @ppdegalicia onde queres galego e non hai co HT #QueroGalego", publicaron desde A Mesa para iniciar a campaña.

Estas son algunhas das mensaxes que se están a publicar:

A OBSESIÓN DE CIUDADANOS CONTRA A LINGUA GALEGA

"Esta iniciativa de Ciudadanos contra a pluralidade lingüística, e contra a lingua galega en particular, non é nova", lembra A Mesa. No Concello de Ferrol este partido xa quixo derrogar a Ordenanza de normalización Lingüística.

"Baixo o argumento falaz da obrigatoriedade pretende prohibir a utilización da lingua propia na administración. O avanzado neste dereito foi unha conquista da sociedade galega que se mobilizará ante calquera retroceso. Esta política agresiva no Estado contra as linguas propias é máis propia do século XIX que do XXI", defende A Mesa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta