Buscan en Muros unha muller desaparecida este venres

Josefa Abeijón, de 68 anos desapareceu da súa vivenda de Esteiro, en Muros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2018 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

Efectivos de emerxencias buscan desde primeira hora da mañá deste venres a Josefa Abeijón, unha muller de 68 anos desaparecida da súa vivenda de Esteiro, en Muros (A Coruña).

Costa de Esteiro, Muros
Costa de Esteiro, Muros

Segundo informou a Garda Civil, a familia da muller deu a voz de alarma sobre as 8,15 horas deste venres, ao constatar que non se atopaba no domicilio.

Na súa procura participan catro patrullas da Garda Civil de Noia, o helicóptero da Garda Civil, cans de busca de Ourense, efectivos da Policía Local de Muros e drons do 112. A muller necesita medicación, aínda que non vital.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta