O lume golpea o parque natural Serra do Xurés e Cervantes

Dous incendios forestais quedaron controlados á primeira hora da mañá deste domingo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2018 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

Os incendios forestais que se rexistraban no parque natural Serra do Xurés (Ourense) e en Cervantes (Lugo) quedaron controlados á primeira hora da mañá deste domingo, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

Incendio no Xurés (Ourense).
Incendio no Xurés (Ourense).

No caso do incendio ourensán, iniciouse na noite deste sábado na localidade de Lobeira e afecta o parque natural da Serra do Xurés. Segundo as primeiras estimacións, afecta a unha superficie próxima ás 15 hectáreas.

O lume iniciouse ás 21,05 horas do sábado, na parroquia de Parada, en dous puntos, e quedou controlado ás 08,51 horas.

Nas tarefas de extinción traballaron 1 técnico, 4 axentes, 18 brigadas, 7 motobombas e unha pa.

Así mesmo, tamén está controlado, desde as 9,06 horas o incendio forestal de Cervantes, rexistrado na parroquia de Donís, que comezara o xoves ás 18,08 horas, e que se estima que foi provocado por un raio.

A superficie aproximada afectada é de 12,5 hectáreas, 12 delas de monte raso e 0,5 de arborado, segundo a información facilitada pola Consellería.

Para a extinción deste incendio, mobilizáronse 1 técnico, 9 axentes, 45 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais pode ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta