Falece un home de 39 anos nun accidente de tráfico en Santiago

Un home de 39 anos faleceu nun accidente de tráfico ocorrido na mañá deste luns no termo municipal de Santiago de Compostela, na parroquia de Marantes. No mesmo suceso producíronse dous feridos, un deles grave.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2018 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Segundo informaron fontes de emerxencias, o suceso ocorreu pasadas as 8,00 horas na N-550, entre Sigüeiro e Santiago, á altura da parroquia de Marantes, onde chocaron violentamente un coche e unha moto. Posteriormente, o turismo chocou, á súa vez, contra un trailer.

Accidente mortal
Accidente mortal | Fonte: GUARDIA CIVIL DE TRÁFICO

Como consecuencia do suceso faleceu o acompañante do turismo implicado, un home de 39 anos e de iniciais P.V.S. O condutor da moto, de 48 anos, resultou ferido grave, e tamén recibiu asistencia o condutor do coche, de 33 anos.

Fontes do 061-Galicia informaron a Europa Press de que os dous feridos foron trasladados, nunha ambulancia medicalizada e outra asistencial, ao Hospital Clínico de Santiago. No operativo participaron efectivos dos Bombeiros de Santiago e da Garda Civil de Tráfico, así como persoal sanitario do 061.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta