Decenas de porcos no medio da estrada tras envorcar un camión de transporte en Piñor

Estiman que son máis de 70 animais os que fuxiron. Outros faleceron no sinistro.

Por E.P. | OURENSE | 01/10/2018 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

O envorco dun camión de transporte no municipio ourensán de Piñor causou a morte de varios porcos así como problemas de circulación polas decenas de animais soltos na vía, onde efectivos de emerxencias traballan para restablecer a normalidade.

Algúns porcos soltos tras o accidente dun camión que os transportaba
Algúns porcos soltos tras o accidente dun camión que os transportaba | Fonte: foroanimal.com

O suceso, segundo informou a Europa Press o 112-Galicia, ocorreu pasadas as 10,00 horas, na ligazón entre a AG-53 e a N-525, cando un camión que transportaba porcos saíuse da vía e envorcou.

Como consecuencia da colisión, algúns dos animais faleceron, mentres que outros quedaron soltos pola vía. Os efectivos de Fomento que traballan na zona calculan que son entre 70 e 80 porcos.

Ademais do persoal de limpeza de vías, trasladáronse até a zona membros dos Bombeiros do Carballiño, Protección Civil de Piñor e Garda Civil de Tráfico, para xestionar a circulación. O condutor do camión foi atendido por persoal sanitario do 061 con feridas leves.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta