Bescansa replica a Pablo Iglesias: "As galegas non deixamos de selo cando emigramos"

A compostelá desprázase este luns a Santiago, onde está previsto que atenda aos medios esta tarde.

Por E.P. | Madrid | 01/10/2018 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

A deputada de Podemos Carolina Bescansa replicou ao líder morado, Pablo Iglesias, polas súas declaracións nas que o secretario xeral recoñeceu que lle "chama a atención" que a santiaguesa queira dirixir o partido en Galicia após "20 anos vivindo en Madrid". "As galegas non deixamos de selo cando emigramos", respondeu Bescansa na súa conta de Twitter.

Bescansa, Echenique e Carmen Santos, en Santiago de Compostela. Europa Press - Archivo
Bescansa, Echenique e Carmen Santos, en Santiago de Compostela. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

A compostelá respondeu así as palabras de Iglesias pronunciadas durante unha entrevista o pasado domingo na Sexta nas que, logo de asegurar que non fala con Bescansa desde que se fixo público un documento no que se esbozaba un plan para aspirar a desbancalo do liderado de Podemos, mostrouse sorprendido pola posibilidade de que a cofundadora do partido sospese agora presentarse ás primarias para dirixir Podemos Galicia.

"Eu non falo con Carolina desde que se fixo público ese documento. Chámame a atención que alguén que leva 20 anos vivindo en Madrid e que hai tempo que se fixo público que quería ir á Asemblea de Madrid queira dirixir Podemos Galicia", afirmou Iglesias, quen sinalou que cre que, como el, hai "moita xente" que se fai a mesma pregunta.

Así as cousas, Carolina Bescansa desprázase este luns a Santiago de Compostela, onde manterá contactos coa dirección saínte do partido que, o pasado domingo, anunciou nunha rolda de prensa que propuxeron a Bescansa que se converta en candidata á Secretaría Xeral de Podemos Galicia.

Así, segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas á contorna de Bescansa, a politóloga galega e profesora da Universidade Complutense ofrecerá declaracións aos medios este luns na capital de Galicia.

REACCIÓNS

A noticia da posible candidatura de Bescansa provocou reaccións entre as diferentes sensibilidades do partido morado en Galicia. Así, o actualmente único precandidato ás primarias que concluirán o próximo 25 de outubro, o deputado de En Marea no Congreso Antón Gómez-Reino respondía, tamén vía Twitter, á proposición feita pública polo círculo da actual secretaria xeral, Carmen Santos.

"O desafío é cambiar, transformar Galicia. Para iso necesitamos un Podemos Galicia unido, aberto á sociedade, plural. Necesitamos #TecerGalicia. Todas as mans son benvidas. As que levamos anos e as que acaban de chegar. Benvida @CBescansa. Sen atallos. Galicia é o que importa", publicou o actual portavoz de En Marea no Congreso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Pablade máis

Home, emigrante emigrante que volves pasar tempadas ao pazo familiar. Os ricos tamén chorades si

1 Androide

Ver para crer.