En Marea, PSdeG e BNG esixen que compareza o conselleiro de Sanidade pola situación de Povisa

Os grupos da oposición advirten do impacto do preconcurso de acredores e falan de "chantaxe"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2018 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

O tres grupos da oposición no Parlamento de Galicia En Marea, PSdeG e BNG, rexistraron unha iniciativa para esixir que compareza o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, pola situación do hospital Povisa de Vigo, en preconcurso de acredores.

Traballadores de Povisa ocupan o Sergas durante dúas horas
Traballadores de Povisa ocupan o Sergas durante dúas horas

A primeira en informar diso foi a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quen, en rolda de prensa, acusou ao Partido Popular de ser "o responsable" da situación de Povisa, ao que afeou estar "chantaxeando ao país" cun "conto repetido". Pontón dixo "xa abonda" ante un escenario do que responsabilizou aos populares, polo "deseño" da área sanitaria viguesa, onde, segundo apuntou, "algunhas especialidades" só ofrécense na sanidade privada e o Meixoeiro está "infrautilizado".

"NON CEDER"

Neste contexto, criticou que "a empresa está chantajeando a este país, utilizando como reféns aos pacientes e aos traballadores" do hospital. A Xunta "non pode ceder" ante unha compañía que "duplicou beneficios en 2017", tal e como informou Xornal de Vigo,  e cuxo dono é "un dos homes máis ricos do Estado español", sentenciou.

O Bloque, xunto ao resto de grupos da oposición, reclama que compareza "urxentemente" no Parlamento o conselleiro de Sanidade e que "haxa transparencia", segundo destacou a portavoz dos nacionalistas.

"INCERTEZA"

Este mesmo luns, o PSdeG remitiu un comunicado no que urxe a comparecencia do conselleiro "para dar conta do impacto da situación de Povisa na atención sanitaria de Vigo".

Na nota de prensa, o deputado Julio Torrado alerta da "preocupación e incerteza provocadas polo anuncio de entrada en preconcurso de acredores".

"GRAVIDADE"

Tamén a deputada de En Marea Eva Solla, a través dun audio enviado aos medios de comunicación, chamou a atención sobre "a gravidade do que está a acontecer".

Por iso urxiu explicacións do conselleiro, que na súa opinión "non se poden demorar" ante "o perigo dos postos de traballo e da atención sanitaria".

PP

Pola súa banda, noutra rolda de prensa este luns, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, referiuse á situación de Povisa para criticar as declaracións nas que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que "BNG e En Marea aliáronse con Feijóo para que o Parlamento galego sexa a oposición ao alcalde de Vigo".

"Non se moi ben a que obedecen esas declaracións", sinalou Pedro Puy, que contrapuxo estas afirmacións co feito de que este mesmo luns "o tres grupos da oposición presentasen unha iniciativa conxunta con respecto á situación do hospital Povisa".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta