Bescansa apraza a súa decisión de concorrer ás primarias de Podemos Galicia

A deputada de Podemos por Madrid Carolina Bescansa informou que apraza a súa decisión sobre se acepta presentarse ás primarias para liderar Podemos Galicia, como lle solicitou a actual dirección do partido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2018 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

A deputada de Podemos por Madrid Carolina Bescansa informou que apraza a súa decisión sobre se acepta presentarse ás primarias para liderar Podemos Galicia, como lle solicitou a actual dirección do partido.

Carolina Bescansa, Pablo Iglesis e Íñigo Errejon, na dirección de Podemos cando había boa sintonía entre eles
Carolina Bescansa, Pablo Iglesis e Íñigo Errejon, na dirección de Podemos cando había boa sintonía entre eles | Fonte: voxpopuli

Arroupada por parte da actual cúpula de podemos Galicia, a politóloga compostelá compareceu ante os medios en Santiago, onde apelou a manter un maior número de "contactos" con inscritos e cargos do partido antes de tomar unha decisión definitiva.

Carolina Bescansa anunciará "nos próximos días" se recolle a luva lanzada pola dirección saínte, que quere que a santiaguesa lidere a candidatura da liña oficialista, tendo en conta que a actual secretaria xeral, Carmen Santos, non se presentará á reelección.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta