A candidatura de Bescansa: opositores e partidarios inician a batalla das redes

A decisión da deputada díscola de Podemos no Congreso de optar a liderar a formación en Galicia abre un duro debate non só entre os dirixentes do partido morado, tamén entre usuarios das redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/10/2018 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

A decisión da deputada no Congreso Carolina Bescansa de optar a liderar Podemos Galicia xerou este martes toda unha marea de reaccións contrarias e a prol da politóloga compostelá, quen durante os primeiros anos de Podemos foi un dos piares do éxito da formación morada pero que rematou defenestrada por Pablo Iglesias en Madrid. Agora, no seu tirapuxa coa ríxida dirección de Podemos, Bescansa acepta o reto de liderar a formación en Galicia e plantar cara a Iglesias desde aquí, co aval dos militantes. En fronte terá o elixido polo líder podemita para levar as rendas do partido en Galicia, Antón Gómez-Reino, deputado por En Marea en Madrid. Serán os afiliados, en primarias, os que decidan quen marcará o agora incerto rumbo de Podemos Galicia.

Bescansa, co seu bebé no Congreso
Bescansa, co seu bebé no Congreso | Fonte: rtve.es

Pero mentres a militancia podemita agarda por unhas votacións que serán transcendentais —non só para a delegación galega, senón tamén para o aparato que domina con man de ferro o partido a nivel estatal desde Madrid—, as redes sociais xa ferven para tentar xerar un clima de opinión a prol ou en contra dun e doutro bando.

GC compilou algúns dos chíos máis destacados dos que xa se posicionan abertamente a prol ou en contra de Bescansa —nada máis coñecerse a súa candidatura— e outros que son escépticos e críticos con todo o partido. Esta batalla promete ser unha das máis feroces en Podemos. 

PARTIDARIOS

CONTRARIOS

OS CRÍTICOS E ESCÉPTICOS CON PODEMOS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 pidimos

Van resucitar o vello Fraga, ao tempo