Unha muller ferida grave por derrubarse o chan da súa vivenda no Corgo

O 112 informou aos bombeiros de Sarria para colaborar no rescate da persoa ferida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2018 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida de gravidade despois de derrubarse o chan da súa vivenda e caer á planta inferior na parroquia de Campelo, no Concello lugués do Corgo.

Bombeiros traballando
Bombeiros traballando

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse pouco antes das 21,00 horas da noite do martes 2 de outubro, nunha casa situada en Campelo.

En concreto, segundo sinalaron as mesmas fontes, debido ás dificultades para acceder á muller, que estaba entre o derrube, o 112 Galicia informou aos bombeiros de Sarria para colaborar cos profesionais sanitarios na asistencia á ferida.

Con todo, o equipo do 061-Urxencias Sanitarias conseguiu chegar até ela e iniciar o seu traslado urxente dadas as lesións de carácter grave que presentaba. Ademais, contaron coa axuda dos axentes da Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta