Máis de cincocentas vítimas de explotación sexual foron atendidas polo programa da Xunta e entidades sociais

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, dixo que Galicia é pioneira na loita contra a trara grazas á sinatura de protocolos en colaboración coa Fiscalía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2018 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O programa de colaboración polo que a Xunta outorga a entidades sociais axudas directas para levar a cabo iniciativas de asistencia a mulleres vítimas de trata e explotación sexual atendeu en 2017, o último exercicio pechado, a 539 persoas. Así o indicou este mércores a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, que compareceu na Comisión de Sanidade para responder a unha pregunta da deputada do PPdeG Ángeles García Míguez sobre as iniciativas da Xunta en materia de trata de seres humanos con fins de explotación sexual.

Susana López Abella nunha comparecencia en comisión parlamentaria
Susana López Abella nunha comparecencia en comisión parlamentaria

Na súa intervención, López Abella definiu esta "secuela" como a "escravitude" do século XXI e lamentou que esta "vulneración dos dereitos humanos" afecte sobre todo a España, que constitúe unha "porta de entrada" en Europa para as "mafias" de trata de seres humanos, como indican os informes oficiais. Galicia, indicou, é "pioneira" na loita contra a trata grazas á sinatura, desde xaneiro de 2010, dun protocolo entre Fiscalía e Xunta para a adopción de medidas de prevención, investigación e tratamento das mulleres vítimas de trata.

ASISTENCIA DIRECTA

No campo da asistencia, ademais, mencionou a orde de axudas incluídas no protocolo de colaboración con entidades sociais para o desenvolvemento de proxectos de atención integral a vítimas, con medidas como asistencia inicial, asesoramento social ou apoio psicolóxico, unha orde dotada en 2018 con case medio millón de euros. A falta de pechar os datos de 2018, López Abella indicou que este programa permitiu asistir en 2017 a un total de 539 persoas: 245 na Coruña, 71 en Lugo, 76 en Ourense e 147 en Pontevedra.

Deste total, 525 eran mulleres, oito homes e seis acodes transexuais. Por idades, 33 tiñan menos de 25 anos e 27 máis de 54. Só 38 das persoas atendidas eran españolas e, entre as estranxeiras, destacan as procedentes de Brasil, República Dominicana, Colombia, Romanía ou Nixeria.

CAMPAÑA

Con motivo do Día Europeo contra a Trata de Persoas, que se celebrará o 18 de outubro, Igualdade porá en marcha unha campaña de sensibilización para "involucrar" a toda a sociedade na loita contra esta secuela. Para iso, distribuiranse 3.000 carteis nos concellos galegos, centros de información á muller, administracións, xulgados ou entidades sociais.

Susana López Abella tamén lembrou que a Xunta participa no proxecto europeo 'Draw the Line' (Traza unha liña) de prevención da violencia sexual e o acoso entre colectivos de mulleres inmigrantes. Grazas a este, chegouse a máis de 150 mulleres en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta