Bescansa e Gómez-Reino inician contactos con inscritos de Podemos Galicia que artellan unha 'terceira vía'

Esta terceira candidatura tería avanzadas xa as súas configuracións de listas e os documentos para concorrer ás primarias. O prazo para incribirse finaliza o martes día 9.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2018 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

No entanto, logo de transcender que a 'terceira vía' presentaría a súa candidatura este xoves, representantes dos proxectos de Bescansa e Gómez-Reino estableceron contactos con este sector co obxectivo de integralos nas súas listas.

Antón Gómez-Reino. EN MAREA
Antón Gómez-Reino. EN MAREA

Polo momento os contactos aínda non están avanzados e os promotores da 'terceira vía' marcan como prazo límite para buscar un acordo o vindeiro domingo, último día para a presentación de avais de cara a concorrer ao proceso.

Segundo fontes consultadas, este proxecto está composto por "inscritos de toda Galicia" e presentaría como candidato á Secretaría Xeral da formación ao lucense Josito Pérez, quen, xunto co resto de representantes de Podemos abandonou a finais do pasado ano a coordinadora de Lugonovo por discrepancias co rumbo tomado pola formación, próxima á dirección de En Marea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta