Feijóo espera que unir varios traspasos co da AP-9 non sexa "unha forma de aprazalo sine die"

"Veremos como queda todo", sinala e avanza que "o primeiro" que se exporá na comisión de seguimento é "solucionar os problemas de Redondela".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2018 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, constatou, após a reunión da pasada xornada, que o ministro de Fomento, José Luís Ábalos, non expresou "ningún cambio de postura" en relación á transferencia da AP-9, é dicir, "nin confirmou" o traspaso da infraestrutura a Galicia "nin se pechou por completo" a dar este paso.

Autoestrada AP-9. Europa Press
Autoestrada AP-9. Europa Press | Fonte: Europa Press

"Dise que os galegos nos expresamos de forma ambivalente, pois parece que está estendido", chanceou o presidente, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que reivindicou que el se mantén "fiel" ao seu discurso de investidura e aos acordos unánimes na Cámara.

"Espero que todos sexamos fieis respecto diso. E quero pensar que hai vontade", sentenciou, antes de engadir que espera que "unir o traspaso da AP-9 a traspasos de autoestradas noutras comunidades" non sexa "unha forma de aprazalo sine die".

"Quero pensar que iso é así, porque se imos condicionar o traspaso da AP-9 a outros que solicitan outras comunidades ás que non interesa o cumprimento da Constitución nin a lealdade institucional, evidentemente sería aprazalo sine die", advertiu.

"XA VEREMOS COMO QUEDA TODO"

"Xa veremos como queda todo", resumiu Feijóo, quen remitiu ao control que se faga na comisión de seguimento, onde --avanzou-- a Xunta exporá "como primeira cuestión" solucionar "os problemas dos veciños de Redondela".

En concreto, aludiu á insonorización das súas vivendas, á construción do colexio e a eliminación da peaxe de Rande. Tamén se "priorizarán" --asegurou-- outros viarios comprometidos e o traspaso da AP-9.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta