Contos para loitar contra o acoso escolar

“Como axudo a Antón?” é un proxecto que tenta loitar contra esta lacra social.

Por Galicia Confidencial | Brión | 05/10/2018 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Contos como antídoto do acoso escolar. Por iso, a sala municipal de exposicións de Brión acolle este venres o contacontos “Como axudo a Antón?”, unha iniciativa dos Biosbardos dirixida a un público infantil de entre 6 e 12 anos de idade. Un contacontos que aborda a problemática do acoso escolar e explica como detectalo e evitalo.

Acoso na escola
Acoso na escola | Fonte: Thomas Ricker en Flickr.

Como axudo a Antón?” está baseado no álbum ilustrado do mesmo título realizado por Jorge López Penas, o seu fillo de 13 anos Martín, a educadora social Isabel Ponte e a ilustradora Eva Riero. 

A iniciativa está incluída dentro das actividades organizadas polo Concello de Brión para conmemorar o “Mes da biblioteca” e que incluirá outra actividade de animación o vindeiro 23 de outubro da man de Celtia Figueiras e Luís Valdecillo.  A obra, que comeza ás 18.00 horas, é de entrada será libre ata completar aforo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta