Evacuados un pai e un fillo en Lugo con síntomas de intoxicación por inhalación de gas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2018 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Os servizos sanitarios trasladaron esta madrugada do venres 5 de setembro a un adulto e dous menores que presentaban síntomas de intoxicación por inhalación de gas en Bóveda (Lugo).

Ambulancia del 061
Ambulancia del 061

Após facer algunhas investigacións, os axentes da Policía Nacional apuntan á posta en funcionamento dunha cociña de leña que levaba tempo en desuso como orixe da fuga.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso produciuse pouco antes do cinco desta madrugada. Nese momento, unha UVI do 061-Urxencias Sanitarias acudiu ao número dous do núcleo de Bóveda, en Farxocos, para atender a un pai e aos seus dous fillos mareados e con diversos síntomas de posible intoxicación.

Desde o 112 pediuse a colaboración dos bombeiros de Lugo e dos axentes da Policía Nacional, que comprobaron que a vivenda estaba debidamente ventilada e sen risco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta