Por E.P. | A CORUÑA | 05/10/2018 | Actualizada ás 16:44
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou que o Executivo galego estudará a petición da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás para que o Executivo galego impugne a eventual operación de venda da propiedade por parte da familia Franco, pola condición do inmoble como Ben Interese Cultural (BIC).
Rueda afirmou este venres que haberá que ver "en que termos" vén a solicitude, exposta este venres pola Xunta pro Devolución após unha reunión na sede da Deputación coruñesa.
No entanto, dixo que "a vontade" da Xunta é que o Pazo "non quede en posesión" da familia Franco e que "ninguén se poida beneficiar economicamente", apuntou sobre unha posible venda.
Por outra banda, considerou "claro" que para conseguir estes obxectivos "hai que aterse á normativa". "Hai un ditame no que se di que debe ser a Administración do Estado a que encabece, co apoio do resto das administracións, as accións xurídicas para esa devolución".
Por iso, argumentou que o "camiño" para a recuperación do Pazo "está marcado", aínda que admitiu que "non é doado". No entanto, sobre a petición da Xunta Pro Devolución, expuxo que se estudará para ver "se se encadra dentro do ordenamento xurídico".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.