Petición de cárcere por abusos sexuais á filla da súa parella

A fiscalía considera que os feitos son un delito continuado de abusos a unha menor de trece anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2018 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

O Ministerio Fiscal pediu unha pena de 10 anos de prisión para un home acusado dun delito de abusos sexuais continuado a unha menor, filla da súa parella, en Corcubión. O xuízo celebrarase na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña o vindeiro martes 9 de outubro.

Xulgados
Xulgados

Segundo recolle o escrito da Fiscalía, os feitos producíronse entre setembro de 2013 e agosto de 2014, período no que o acusado estivo a convivir no domicilio coa muller e a filla desta, en Corcubión. "Movido polo propósito de satisfacer o seu instinto libidinoso e sen contar co consentimento da mesma, realizou á menor diversos tocamentos nos seus órganos sexuais, chegando a introducirlle o dedo na vaxina", relata a Fiscalía.

Así, en diversas ocasións e en contra da vontade da menor, cando a nena estaba sentada sobre os seus xeonllos no domicilio que compartían e con "intención de satisfacer os seus desexos lúbricos", o acusado "masaxeoulle as nádegas e tocouna por encima da roupa". Ademais, cando a nai estaba a durmir noutra habitación, ao oito da mañá acudía á habitación da menor, colocábaa sobre el, mandáballe quitar a roupa interior e "a movía contra o seu pene". En xuño de 2014 chegoulle a introducir un "dedo na vaxina".

A nai da menor presentou denuncia en setembro dese ano. Fiscalía considera que os feitos relatados constitúen "un delito continuado de abusos sexuais a un menor de trece anos, con introdución de membros corporais por vía vaxinal e con prevalemento dunha relación de parentesco".

Por este motivo, pide unha pena de dez anos de prisión, ademais da prohibición de comunicarse coa menor e aproximarse a menos de 200 metros durante dez anos, así como a obrigación de participar en programas de educación sexual. Tamén solicita unha indemnización á vítima con 10.000 euros por danos morais.

SOLICITUDE DE SEIS ANOS POR ABUSOS SEXUAIS EN OURENSE

Por outra banda, o Xulgado de Instrución número 3 de Ourense acollerá o mércores 10, ás 09,00 horas, o xuízo contra un home acusado dun delito continuado de abusos sexuais. O Ministerio Fiscal pide seis anos de prisión por uns feitos ocorridos en setembro de 2012. Segundo relata no seu escrito, aproveitando que a súa parella sentimental, nai da nena, que nese momento contaba con nove anos, estaba fóra do domicilio que compartían en Ourense, chamouna á súa habitación. Tras pechar a porta con fecho, ordenoulle tombarse na cama e, ao seu lado, meteulle a man por baixo da braga e o pantalón e tocoulle reiteradamente os seus xenitais "con ánimo lascivo".

O feito repetiuse en varias ocasiones pero a menor non o comentou polo "temor que tiña ao acusado". Só llo contou a unha prima dous anos maior que foi quen llo dixo finalmente á nai. Fiscalía solicita seis anos de prisión, ademais de liberdade vixiada durante oito anos e prohibición de achegarse á menor ou comunicarse con ela durante oito anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta