O alcalde da Lama esixe á Xunta un pediatra: "Que busquen un aínda que teña que pagalo o concello"

O alcalde, Jorge Canda, do PP, reclamou unha solución "inmediata" á falta de médico para menores no centro de saúde do municipio.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 06/10/2018 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

"A Lama non pode quedar sen pediatra. É responsabilidade do Sergas dar unha solución aínda que teña que buscar un en Portugal ou teñamos que pagalo nós desde o concello", clama o rexedor nun comunicado este sábado.

Unha pediatra vacina un neno.
Unha pediatra vacina un neno.

Deste xeito, Canda mostra a súa preocupación e "incerteza" por esta situación, pola cal se puxo en contacto coa Consellería de Sanidade para expresarlles o seu malestar e urxir unha solución ante o que considera un problema "de primeira necesidade e importancia" para o municipio.

"Os nenos e nenas non poden estar sen pediatra, din que non os hai, nós estamos dispostos para buscar unha solución de emerxencia que pase pola contratación, de modo particular, dun especialista nesta disciplina médica para que atenda aínda que sexa unha vez por semana aos cativos", prosegue nas súas críticas.

Así mesmo, expresa o seu temor de que esta falta de pediatra se prolongue durante demasiado tempo, á vez que asegura que fará "todo o posible" para terminar cun problema que non vai "tolerar". "Chegaremos até onde faga falla para que este problema se resolva", avisa á Xunta o alcalde do PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta