Activo o lume da Gudiña mentres o incendio en Muíños permanece controlado

O da Gudiña é o segundo lume neste lugar logo de extinguirse outro no día de onte.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2018 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia


O lume en Muíños leva activo desde as 3,35 h. desta madrugada na parroquia de Pentes. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas. No lugar participan 4 axentes, 12 brigadas, 4 motobombas e xa van de camiños 2 helicópteros.

Incendio en Nogueira de Ramuin
Incendio en Nogueira de Ramuin


Mentres, permanece controlado desde as 16,55 h. de onte o incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o parque natural do Xurés. O lume comezou o xoves ás 22,05 h. e afecta 18,89 hectáreas de monte raso. Levan traballado neste lume 15 axentes, 33 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta