En Marea pon no seu punto de mira ao alcalde de Vilanova de Arousa polo seu "machismo máis rancio"

O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, tachou á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, de "chacha para todo" do "ancián" alcalde de Vigo.

Por E.P. | | 07/10/2018 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, esixiu a "inmediata dimisión" do alcalde 'popular' de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, ao entender que as declaracións nas que tachou á presidenta da Deputación de Pontevedra como "chacha para todo", son "inaceptables" e constitúen un exemplo do "machismo máis rancio".

Luís Villares, portavoz de En Marea. EN MAREA - Archivo
Luís Villares, portavoz de En Marea. EN MAREA - Archivo | Fonte: Europa Press

"Tal e como fixo a compañeira de Gañemos Vilanova, esiximos inmediatamente a súa dimisión, pensamos que en política non pode haber sitio para este tipo de comportamentos, para este tipo de declaracións, e non pode haber unha marxe de tolerancia por parte dos partidos políticos cando os representantes teñen actitudes machistas", asegurou Villares.

No caso de que o rexedor non dimita, o líder de En Marea esíxelle ao presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, que o desautorice, lle retire a súa confianza e "pida o seu cesamento", porque en caso contrario, En Marea responsabilizará ao Partido Popular "de ser cómplice, de ser colaborador necesario na existencia de prácticas machistas no ámbito da administración local en Galicia".

Neste punto, Villares recriminou que non se trate dunha situación "nova" no PPdeG, e apuntou a outros casos, "como o do alcalde de Noia ou o de Palas de Reis, que segue no poder polo apoio que o PP lle brinda a pesar de ser condenado por acoso a unha secretaria do Concello".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, xa asegurou este sábado que se tomaría a fin de semana como "unha época de reflexión" para "analizar que se vai facer", "que accións se van tomar" contra o alcalde de Vilanova de Arousa "en defensa dos dereitos de todas as mulleres", accións que serán anunciadas o luns.

Ademais, os rexedores socialistas da provincia e varios tenentes de alcalde e edís remitiron un escrito dirixido a Feijóo e ao presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, no que censuran as "continuas faltas de respecto e actitudes machistas" do PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ofendidito

Feijoó debe estar encantado con la oposición de Villares: parece limitarse a ir por la vida de 'ofendidito' (terminología Pantomima Full, https://bit.ly/2OGLUot). Esto es, la oposición de Villares es la nada.