O incendio de Mondariz obriga á evacuación de casas como medida preventiva

Os lumes da Gudiña e Muíños están controlados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2018 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural declarou como medida preventiva a "Situación 2" no incendio forestal activo na localidade pontevedresa de Mondariz, na parroquia de Sabaxáns. Esta situación operativa de emerxencia, que obriga ao desaloxo das vivendas, declárase pola proximidade do lume ao núcleo de Barro, na parroquia de Gargamala.

Incendio este domingo 7 de outubro en Mondariz. CEDIDA
Incendio este domingo 7 de outubro en Mondariz. CEDIDA | Fonte: Europa Press

O incendio comezou ás 18,17 horas e segundo as novas estimacións afecta a máis de 50 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 2 axentes, 14 brigadas, 6 motobombas, 3 pas, 1 tractor e 10 helicópteros. Están tamén actuando os efectivos da UME, a Unidade Militar de Emerxencias, e de Protección Civil, segundo precisou Medio Rural.

EXTINGUIDO O INCENDIO DE MUIÑOS, EN OURENSE

Por outra banda, ás 20,35 horas quedou extinguido o lume rexistrado na localidade ourensá da Gudiña, parroquia de Pentes, tras comezar esta madrugada ás 3,35 horas. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 35,87 hectáreas. No lugar participaron 5 axentes, 18 brigadas, 4 motobombas, 1 pa e 5 helicópteros.

Ademais, permanece controlado desde as 16,55 horas do sábado o incendio no concello ourensán de Muíños, na parroquia de Requiás, que afecta ao parque natural do Xurés.

O lume comezou o xoves ás 22,05 horas e afectou a 18,89 hectáreas de monte raso. Levan traballando no lume 15 axentes, 34 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 3 avións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta