Detido un veciño de Xinzo de Limia como presunto autor dun roubo con forza

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2018 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Xinzo de Limia (Ourense) detivo ás 16,00 horas da tarde deste sábado 6 de outubro a un home de 23 anos de idade, veciño desta localidade ourensá, como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas e dun furto e posterior uso dun vehículo a motor.

A Garda Civil traslada un vehículo incautado
A Garda Civil traslada un vehículo incautado

En concreto, segundo informaron os propios axentes desta unidade, o detido foi sorprendido pola Garda Civil nun vehículo que figuraba subtraído dende a noite anterior, a do venres 5 de outubro, portando no interior unhas baterías de camión que foran roubadas de camiño a unha carpintaría de Trasmiras.

O detido, veciño de Xinzo de Limia, xa foi posto a disposición do Xulgado número un de Xinzo de Limia, e a investigación continúa o seu curso habitual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta